top of page

NORMATIVA DE XOGOS FEGAA

     INTRODUCCION

​​

  • O airsoft, ó igual que outras actividades ou deportes, debe estar regulado por unhas normas que o controlen e permitan desfrutalo dunha forma responsable e segura. Como non está considerado un deporte carece dun regulamento oficial, polo que se seguen as normas aplicadas polos organizadores das partidas que se xogan en Galicia e que co tempo formaron un marco normativo comúnmente aceptado. A FEGAA unificóu esas normas para regularizar a actividade e que todos sigan unhos criterios e directrices que formen un regulamento común. Como resultado créase unha normativa equilibrada que sexa aplicable para todos os xogadores e todas as asociacións federadas.

  • Para practicar o Airsoft úsanse armas lúdico deportivas de aire comprimido, tamén chamadas marcadoras ou réplicas, que disparan proxectís a menos de 3 xullos de potencia

  • As Armas de airsoft están reguladas por orde ministerial publicada no BOE do 27 de decembro de 2012, que di que o réxime aplicable será o establecido no regulamento de armas para as categorías 4.1 e 4.2, sobre as armas de aire comprimido.

  1. PARA XOGAR Ó AIRSOFT​

    1. Ser maior de idade. Demostrable con DNI ou otro documento acreditativo de identidad valido en España.

    2. Non ter síntomas de enaxenación mental, nin estar baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sustancias estupefacientes, incapacitantes, psicodélicas ou alucinóxenas.

    3. Estar en condicións físicas e psíquicas adecuadas para a realización do xogo.

    4. Cumprir iste reglamento.

  2. ​MEDIDAS DE SEGURIDADE INDIVIDUAL

    1. ​Gafas de protección ocular.

      1. As gafas deben cumprir coas especificacións EPI-89/686/CEE EN166-F ou superior, sempre con protección lateral completa e deben resistir o impacto de munición de 0.86grs de peso a 3 xullos de potencia a unha distancia de 1mts.

      2. Será obligatorio o seu uso ó sair da zona segura, incluíndo a zona de crono de potencias e a de probas.

    2. Máscaras faciais. A organización, previo aviso na convocatoria da partida, poderá obligar ó uso de máscaras faciais para aumentar a seguridade persoal.

    3. Medidas extraordinarias. Acatar as medidas extraordinarias de seguridade establecidas pola organización do evento.

    4. Armas reais. Non portar armas reais de ningún tipo.

    5. Lume. Non acender lumes no campo de xogo.

  3. ARMAS

    1. ​As armas dispararán os proxectís a unha potencia inferior a 3 xullos, medidas con munición de 0.2grs.

    2. O funcionamento das armas será por impulsión de aire comprimido ou gas a presión de maneira eléctrica, de gas ou manual.

    3. As formas de disparo poden ser: automática, semiautomática e repetición.

      1. Disparo Automático: arma que recarga automáticamente despois de cada disparo e coa que é posible efectuar varios disparos sucesivos mentras permaneza accionado o disparador.

      2. Disparo semiautomático: arma que se recarga automáticamente despois de cada disparo e coa que so é posible efectuar un único disparo cada vez que se presiona o disparador.

      3. Disparo de repetición: arma efectúa un único disparo cada vez que se presiona o disparador e a alimentación dos proxectís entre disparos require a intervención manual do tirador.

    4. ​Según o rol a seguir no xogo, as armas poden ser primarias, secundarias ou terciarias.

      1. ARMAS PRIMARIAS.

        1. ARMA DE FUSILERO: Arma básica da infantería coa posibilidade de disparo en automático, semiautomático ou repetición, con equivalencia a armas reais.

          1. O peso máximo permitido da munición será 0,45 grs.

          2. A velocidade máxima medida na boca do canón con munición de 0,20 grs será de 350 fps.

          3. A potencia máxima medida na boca do canón con calquera gramaxe será de 1.14 xullos.

          4. A distancia de seguridade será de 5 mts.

        2. ARMA DE APOIO:​ Arma con gran volume de disparo en automático, con cargadores de gran capacidade e recarga asistida, con equivalencia a armas reais.

          1. O peso máximo permitido da munición será 0,45 grs.

          2. A velocidade máxima medida na boca do canón con munición de 0,20 grs será de 400 fps.

          3. A potencia máxima medida na boca do canón con calquera gramaxe será de 1.48 xullos.

          4. A distancia de seguridade será de 15 mts.

        3. ARMA DE TIRADOR SELECTO: Arma de medio alcance, de disparo semiautomático, con equivalencia a armas reais.

          1. O peso máximo permitido da munición será 0,45 grs.

          2. A velocidade máxima medida na boca do canón con munición de 0,20 grs será de 450 fps.

          3. A potencia máxima medida na boca do canón con calquera gramaxe será de 1.87 xullos.

          4. A distancia de seguridade será de 20 mts.

        4. ​ARMA DE FRANCOTIRADOR: Arma de largo alcance, disparo de repetición, con equivalencia a armas reais.

          1. O peso máximo permitido da munición será 0,45 grs.

          2. A velocidade máxima medida na boca do canón con munición de 0,20 grs será de 550 fps.

          3. A potencia máxima medida na boca do canón con calquera gramaxe será de 2.8 xullos.

          4. A distancia de seguridade será de 30 mts.

      2. ARMAS SECUNDARIAS

        1. PISTOLA: Arma de corto alcance, de disparo automático semiautomático ou repetición, con equivalencia a armas reais

          1. O peso máximo permitido da munición será de 0,45 grs.

          2. A velocidade máxima medida na boca do canón con munición de 0,20 grs será de 330 fps.

          3. A potencia máxima medida na boca do canón con calquera gramaxe será de 1,01 xullos.

          4. A distancia de seguridade será de 0 mts.

        2. ESCOPETA: Arma de corto alcance, de disparo de repetición, con equivalencia a armas reais.

          1. O peso máximo permitido da munición será de 0,45grs.

          2. A velocidade máxima medida na boca do canón con munición de 0,20 grs será de 330 fps.

          3. A potencia máxima medida na boca do canón con calquera gramaxe será de 1,01 xullos.

          4. A distancia de seguridade é de 0 mts.

      3. ​ARMAS TERCIARIAS

        1. GRANADAS: ​Poden ser accionadas por gas, mecánicas, pirotécnicas ou outros medios. Poden soltar munición ou emitir sonido.

          1. Non poden ser incendiarias ni producir quemaduras.

          2. O peso máximo permitido da munición será de 0,45 grs.

          3. A potencia máxima permitida será de 1 xullo.

          4. A distancia de seguridade é de 0 mts.

          5. A altura de lanzamento non poderá ser mais alta co xeonllo.

        2. MINAS:​ Poden ser accionadas por gas, mecánicas, pirotécnicas ou outros medios. Poden soltar munición ou emitir sonido.

          1. Non poden ser incendiarias ni producir quemaduras.

          2. O peso máximo permitido da munición será de 0,45 grs.

          3. A potencia máxima permitida será de 1 xullo.

          4. A distancia de seguridade é de 0 mts.

          5. A altura máxima do solo á que poden ser colocadas será de 25 cms.

        3. LANZAGRANADAS: Arma de corto alcance, de único disparo, disparo semiautomático ou disparo de repetición, con equivalencia a armas reais.

          1. O peso máximo permitido da munición será de 0,45 grs.

          2. A potencia máxima con calquera gramaxe será de 1 xullo.

          3. A distancia de seguridade é de 5 mts.

    5. ​Para cronar ou controlar a velocidade e a potencia das armas con munición de distintos gramaxes seguirase o indicado na táboa de equivalencias.

  4. ​NORMAS BASICAS

    1. Un xogador estará eliminado cando reciba un impacto directo en calquera parte do corpo.

    2. Un xogador eliminado non pode falar nin facer ruidos, para que  os outros xogadores podan escoitar as accións e movementos entre eles. Únicamente poderá falar para pedir sanitario ou advertir dun perigro que poidera causar unha lesión ou un incidente.

    3. Non se permite disparar a cegas sin ver o obxetivo, para evitar posibles lesións. O disparo debe efectuarse sempre en línea de mira directa.

    4. Evitarase, na medida do posible disparar á cara ou partes sensibles do corpo, elixindo o torso ou unha extremidade como blanco principal.

    5. Ó ser eliminado, mentras se espera a acción do sanitario ou desangre, non está permitido moverse do lugar no que se produxo a eliminación, excepto que se encontre na traxectoria de enfrentamento ou a súa integridade física se encontre comprometida, neses casos o desplazamento será o mínimo imprescindible e si a situación o permite agachándose ou tumbándose no solo.

    6. Non se permiten os altercados físicos nin verbales. Si se produxesen incidentes , contactar ca organización da partida ou cos Moderadores da FEGAA.

    7. MEDIADORES /MODERADORES.

      1. Son persoas designadas e formadas pola FEGAA para mediar en posibles incidentes durante o xogo.

      2. Os moderadores están recoñecidos e consentidos pola organización da partida.

      3. A súa misión é mediar para evitar confrontacións durante o xogo.

      4. Escoitarán os argumentos dos testigos e das partes implicadas para ter unha visión o máis clara posible do acontecido.

      5. Intentarán poñer orde e resolver o problema sen tomar medidas expeditivas.

      6. Si os moderadores non conseguen resolver a situación, contactarán ca organización da partida explicando o acontecido, sendo ésta última quen resolva e tome as medidas pertinentes.

    8. Ó ser impactado o xogador:

      1. Debe decir en alto “ELIMINADO”

      2. De forma moi visible, sinalará a súa condición o máis rápido posible alzando as mans e baixando a arma.

      3. A continuación e con celeridade sinalará cun pano roxo ben visible o unha luz roxa ben visible.

    9. ELIMINACION POR CUCHILLO OU COA MAN

      1. ​A eliminación por cuchillo producirase cun arma blanca simulada e inocua ou coa man, considerándose "eliminación silenciosa".

      2. Farase tocando con estes elementos no torso ou no pescozo do xogador a eliminar.

      3. Si se fai tocando as extremidades a eliminación será normal e non se considerará "eliminación silenciosa".

      4. O xogador eliminado de forma silenciosa non pode decir en alto que está eliminado, nin pode producir ruidos que alerten ós demáis xogadores.

    10. ELIMINACIÓN POR VOZ.

      1. A eliminación por voz producirase cando a eliminación coa arma poidera ser lesiva para o xogador a eliminar. Considérase unha cortesía para non lesionar ó outro xogador

      2. A distancia de seguridade será inferior a tres metros. 

      3. Sempre se tratará dun solo adversario e nunca se poden facer eliminacións por voz de forma colectiva.

Tabla de potencias.jpg

Federación Gallega de Airsoft Asociado, Rex. Xunta de Galicia: 2022/25126-2, CIF: G-10682110  

correo electrónico: fegaairsoft@gmail.com

© Copyright
bottom of page