¡Benvidos á Federación Galega de Airsoft (FEGAA)!
Estamos encantados de dar a benvida a todas as asociacións de Galicia que buscan disfrutar do Airsoft dunha maneira responsable e segura.
Representación e participación directa.
Cada asociación ten a oportunidade de ter un representante debidamente autorizado, con voz e voto nas decisións e reunións da federación.
Valoramos a participación activa e a colaboración para o desenrrolo conxunto da nosa comunidade.
O que se require actualmente para pertencer á Fegaa:
-
Ser unha asociación constituida legalmente na Comunidade Autónoma de Galicia. A Fegaa prestará axuda os equipos que así o desexen nos trámites admisnistrativos para constituir unha asociación e pertencer á federación.
-
Pagar unha inscripción única de 50€ por asociación ó ingresar na Fegaa.
-
Pagar anualmente, cada asociación, a cuota dos membros da sua asociación. A cuota para este año é de 24€ por cada xogador que se federe da asociación.
Aclaracións:
-
Os cartos da inscripción única de 50€ son a mesma cantidade que pagaron as asociacións que constituiron a federación e está destinado a gastos xerais.
-
As cuotas decidiránse anualmente en asamblea e calcularánse tendo en conta os seguros, os gastos xerais, mantemento da conta bancaria, dominio web...
-
Para deixar claro o principio de transparencia de que non existen soldos, nin comisións, nin ánimo de lucro; todas as asociacións federadas a través do seu representante poderán consultar o estado de contas da federación.
-
Todos os representantes terán dereito a participar nas asambleas federativas e a elexir e ser elexidos como membros da xunta directiva da federación.
-
Todas as asociacións deberán aceptar os estatutos e as normas que rixen a federación, aprobadas en asamblea.
Ó unirte á FEGAA, uneste a unha rede de entusiastas do airsoft comprometidos co xogo, a seguridade e a camaradería. Estamos ansiosos por compartir emocionantes experiencias e construir xuntos un futuro vibrante para o airsoft en Galicia.
¡Esperamos contar coa tua asociación e vivir xuntos momentos inolvidables no campo de xogo!