top of page

CONSTITUÍR UNHA ASOCIACIÓN DE AIRSOFT

   Unha asociación é unha agrupación de persoas que desenrolan unha actividade colectiva de forma estable, democrática e sen ánimo de lucro.

   Existen moitos tipos de asociacións con diferentes ámbitos de actuación, de actividade, de localización e un largo etcétera de características pero neste artículo pretendemos explicar dunha maneira sinxela e dende a nosa experiencia o camiño a seguir para constituir a vosa asociación de Airsoft cun ámbito de actuación autonómico.

   O primeiro que se debe saber é que para crear unha asociación, debedes ser un mínimo de tres ou máis persoas físicas ou xurídicas.

   Os pasos a seguir son os seguintes:

   Hay que facer unha reunión ou asamblea constituinte na que as persoas fundadoras da asociación firman a acta fundacional e os estatutos. Podense firmar con firmas dixitais ou imprimilos e firmar sobre o papel.

   O seguinte é rexistralo no rexistro central da Xunta de Galicia, ben de forma presencial ou por vía telemática. Hai que ter en conta que hai que pagar as tasas no momento do rexistro.

   Unha vez vos comuniquen que a asociación está rexistrada, debedes solicitar o NIF ante a axencia tributaria e si procede, por ser unha asociación sen ánimo de lucro, a exención do IVE.

                    1.- CREAR A ASOCIACIÓN. ACTA FUNDACIONAL E ESTATUTOS.

   Unha asociación créase mediante a confección dun acta fundacional que ten o seguinte contido:

  • Datos das persoas físicas ou xurídicas que a constituen, incluíndo a nacionalidade, domicilio e documento de identidade.

  • Expresión da vontade de crear unha asociación e o seu nome ou denominación que será o que se use de maneira idéntica en tódolos documentos que se fagan.

  • A aprobación dos Estatutos da asociación (veremos máis adiante cómo debemos confecionalos).

  • Designación das persoas que forman parte dos órganos de goberno (Presidente, Secretario, Tesoureiro, Vocais, etc.).

  • Lugar, data e firma das persoas fundadoras.

  Confeccionar os estatutos que rexirán a vosa asociación. Deberán conter, entre outra información:

  • Nome, enderezo e duración da asociación.

  • Fins.

  • Requisitos de admisión.

  • Dereitos e obligacións dos asociados.

  • Normas de funcionamento.

  • Órganos de goberno.

  • Réximen de administración.

  • Patrimonio inicial e recursos económicos.

  • Causas de disolución.

     

   Para que vos resulte máis fácil poñemos a vosa disposición unha plantilla da Acta Fundacional e outra dos Estatutos. Estas plantillas son específicas para unha asociación de Airsoft e xa utilizadas por algunhas asociacións creadas.

   Están dispoñibles para Word ou OpenOffice para poder encher cos vosos datos. Podese añadir ou quitar puntos que non vexades oportunos, aínda que tende en conta que moitos deles son de obligatoria aparición. En todo caso aconsellamos non facer modificacións sobre todo nos estatutos para no ter problemas e que volos aproben. Unha vez autorizada a asociación sempre podedes presentar modificacións e envialas para que as valoren e autoricen.

                                              2.- REXISTRAR A ASOCIACIÓN.

   Ahora que temos creada sobre o papel a nosa asociación, imos convertila en legal. Para eso debemos inscribila no Rexistro Central de Asociacións.

   Os documentos que tendes que presentar son:

  • Solicitude de inscrición inicial (modelo PR308A a encher na plataforma dedicada): formulada por unha das persoas fundadoras da asociación e dirixida ó rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por cualquera medio válido en dereito.

  • Acta fundacional: un exemplar orixinal firmado por tódalas persoas promotoras ou fundadoras.

  • Estatutos: un exemplar orixinal firmado por tódalas persoas promotoras ou fundadoras.

  • Autorización para a comprobación dos datos de identidadede das persoas promotoras (anexo II que se enche na plataforma dedicada)

  • Xustificante do pago da tasa de inscripción. Os pagos poderanse realizar, previa presentación do documento de pago correspondente (Modelo 730 XUSTIFICANTE DE PAGO DE TASAS, PREZOS, MULTAS E SANCIÓNS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA), en calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos.
    A tasa de inscripción ten un coste de uns 38
    €.

   Os “códigos” a usar no Modelo 730 son os seguintes: Consellería: 04, Delegación: 13, Servicio: 17, Tasa: 303901, Obxeto do pago: Inscripción da Asociación XXXXXXXXXXXXX (a denominación que puxestedes nos Estatutos).

   Deberedes facelo de maneira telemática aínda que as veces permiten facelo de maneira presencial. Ademáis, aínda que se faga de maneira telemática, seguramente necesitedes acudir ó rexistro para que vos fagan copias dixitais compulsadas e auténticas da documentación que debedes aportar.

   Aquel que vaia actuar como representante no rexistro, deberá acceder á plataforma dedicada a través do portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR308A e seguir os pasos indicados ó pulsar sobre o botón “Tramitar en Línea” que aparece.

  Se tendes algunha complicación ou duda, aquí abaixo está o listado de Rexistros de Asociaciones según a vosa provincia onde poderán axudarvos nos trámites, así como dixitalizar a documentación física:

  • REXISTRO CENTRAL DE ASOCIACIONS, adscrito á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

     Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas.
     Edificio Administrativo San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela

     Telf.: 881 995 467

     Correo-e: rexistro.asociacions@xunta.gal

  • REXISTROS PROVINCIAIS DE ASOCIACIÓNS, adscritos ás xefaturas territoriais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

     A Coruña

     Servizo de Xestión Técnico-Administrativa

     Telf.: 981 185 765

     Correo-e: asociacions.coruna@xunta.gal

     Lugo

     Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

     Telf.: 982 294 333     

     Correo-e: asociacions.lugo@xunta.gal

     Ourense

     Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

     Telf.: 988 386 412

     Correo-e: asociacions.ourense@xunta.gal

     Pontevedra

     Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

     Telf.: 986 805 376

     Correo-e: asociacions.pontevedra@xunta.gal

   Una vez presentedes todo, solo vos queda esperar. Os tempos que se manexan poden variar pero normalmente non sole ser inferior a tres meses e o normal é que incluso sexan maiores.

 

    Deberedes estar pendentes das notificacións que vos podan enviar, xa sexa a resolución da creación ou que vos soliciten cambiar ou añadir algunha información. Esas notificacións faranas a través do método que definistes á hora da presentación dos documentos.

   Ó final enviaran un documento coa resolución da constitución da asociación e outro constatando o rexistro e o número que lle corresponde no mesmo.

                                      3.- SOLICITAR O NIF DA ASOCIACIÓN.

   O plazo para solicitar o NIF é dun mes dende a constitución da asociación. Sen embargo, é necesario ter a resolución da inscripción da asociación.

   Se necesitamos o NIF de forma inmediata, podemos pedir un NIF provisional. Unha vez que nos comunicaron que a asociación está inscrita, pasamos a solicitar o NIF definitivo (o número mantense). Se non temos presa, podemos esperar a comunicación de que a asociación está inscrita e solicitar directamente o NIF definitivo.

   Para solicitar o NIF é necesario encher o modelo 036 da Axencia Tributaria. Podedes cumplimentalo e presentalo de maneira telemática ou tamén podedes cumplimentalo, validalo e imprimilo para presentalo presencialmente nunha oficina da Axencia Tributaria. Podedes encontralo no seguinte enlace:

https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/G322.shtml

   Poñemos a continuación unhos consellos:

  • No modelo 036, é preciso poñer na páxina 1 o nome da entidade e marcar a casilla [110] ou si xa dispoñemos do NIF provisional na casilla [120].

  • Ó pe de esta páxina 1 están o lugar, data e firma. Normalmente o documento firmarao o presidente, en calidade de representante da entidade. No caso de non ser posible, a entidade pode nombrar un apoderado, mediante poder notarial.

  • Na páxina 2B identificamos a entidade, que normalmente será «persoa xurídica ou entidade residente en España» [B1]. Procederemos a aportar os datos que se solicitan, como denominación, data de constitución, enderezo, etc.

  • A asociación sí ten personalidade xurídica. Si estamos solicitando o NIF definitivo, marcaremos a casilla [68] e no desplegable [69], seleccionaremos o tipo de entidade (asociacións Lei Orgánica 1/2002, asociacións de consumidores e usuarios, outras asociacións...), atendendo á lei que figurará citada no inicio dos estatutos da entidade.

  • Se o que estamos solicitando es o NIF provisional e a entidade está en proceso de constitución, non enchemos as casillas [68] y [69], senon as [78] e [79] (asociacións de consumidores e usuarios en constitución, asociacións Lei Orgánica 1/2002 en constitución…).

  • Na páxina 3, identificamos ó representante legal (será unha «alta de representante»): NIF [304], apelidos e nome [305], residente [306] e temos en conta o seguinte:

    • Causa da presentación [330]: Legal

    • Clave [331]: normalmente, a clave será «02» (persoas xurídicas residentes ou constituidas en España)

    • Tipo de representación: normalmente, será «individual»

    • Título da representación: normalmente tamén, será «13» (documento privado sen firma lexitimada notarialmente).

  • Na páxina 8, solicitarásenos identificar ós socios da entidade. Os datos imprescindibles son soamente os de identificación.

   A documentación a aportar según a Axencia Tributaria para a solicitude do NIF dunha asociación é a seguinte:

  • Orixinal e fotocopia da Acta fundacional da asociación, que incluirá o acuerdo de constitución e os estatutos (o Rexistro devolveríavos un exemplar dos estatutos troquelado, selado ou firmado dixitalmente. No caso de estar en tramitación a inscripción no Rexistro, habería que sustituílo por un orixinal da acta de constitución e os estatutos, es decir unha copia idéntica da documentación presentada para a inscripción, con firmas orixinais).

  • Certificado da inscripción no correspondente Rexistro (ou documento que acredite habela solicitado, se todavía está en trámite).

  • Fotocopia do NIF da persoa que firme o modelo 036, salvo que sexa a mesma persoa que o entrega e lles autorice a comprobar os seus datos de identidade.

  • Orixinal e fotocopia do documento que acredite a capacidade de representación de quen firma o modelo 036 (si é o presidente, normalmente figurará así nos estatutos e non será necesario).

   Unha vez entregado todo, tan solo nos quedará esperar de novo a que nos respondan co certificado de NIF concedido. Ésta espera non sole ser tan dilatada no tempo como a do registro.

   E con esto deberíades saber o necesario para constituir a vosa asociación de Airsoft.

   Teredes que facer libros de socios, libros de contas, asambleas e outras cousas máis que dependerán do activa que sexa a vosa asociación. Non dudedes en buscar información e plantillas na rede ou preguntar a outras asociacións para saber cómo proceder.

   Aquí están os documentos da acta de constitución e os dos estatutos para descargar

Federación Gallega de Airsoft Asociado, Rex. Xunta de Galicia: 2022/25126-2, CIF: G-10682110  

correo electrónico: fegaairsoft@gmail.com

© Copyright
bottom of page