SOBRE O AIRSOFT
O airsoft é unha actividade lúdico-deportiva basada na simulación militar. O termino provén do inglés e traduciríase como "aire suave". Surxe no Xapón no ano 1970 e a día de hoxe está extendido por todo o planeta.
Para practicar o airsoft úsanse armas lúdico-deportivas de aire comprimido, tamén denominadas marcadoras ou réplicas.
Son armas de xoguete, réplicas de armas reais, de ánima lisa e de moi baixa potencia.
A pesar de ter unha apariencia realista, debido ó diseño e ós materiais empregados na súa construción, non se poden modificar para ser transformadas en armas reais.
Co equipo de protección adecuado son seguras para fins deportivos de competición, entrenamento e ocio.


O mecanismo de propulsión dos proxectís pode ser mecánico ou neumático. O mecánico dispón dun pistón cun muelle helicoidal que se acciona de forma manual cun sistema de cerroxo ou eléctricamente a través dun sistema de engranaxes e un motor eléctrico alimentado por unha batería. O neumático funciona liberando gas a presión a través dunha válvula.
Disparan proxectís esféricos non metálicos feitos de materiais biodegradables. O peso dos proxectiles usados normalmente é dende 0,12gr ata 0,45gr.
A velocidade ou a forza ca que disparan calculase en FPS (que é a velocidade dos proxectiles ó sair do canón) ou en Xullos (que é a medida cinética do proxectil ó sair do canón).


En España, están reguladas pola orden ministerial publicada no BOE do 27 de dicembro de 2012, que di que o réximen aplicable ás armas lúdico-deportivas será o establecido no reglamento de armas para as categorías 4.1 e 4.2, que regulan as armas de aire comprimido.
A práctica do airsoft require unha grande actividade física xa que normalmente fanse desplazamentos a largas distancias, as veces andando, as veces en carreira, agacharse, reptar, esconderse, portar equipamento, disparo de precisión, etc. Combina distintas disciplinas deportivas e técnicas tácticas, de orientación, estratexia ou simulación.
Practícase en campos abertos, dentro de edificios, naves cubertas ou recintos apropiados para xogar. Calquera escenario que permita desenrolar unha situación militar é válido para a práctica do airsoft.


É unha actividade onde destaca a deportividade, o honor e o traballo en equipo, que ensalza os valores de respeto ó medioambente, respeto ó próximo e compañeirismo entre os participantes.
Non hai límite de idade e a idade mínima son os 14 anos.
En tódalas modalidades de xogo, a única forma de asegurar a eliminación dun adversario é o propio recoñecemento pola súa parte de que foi impactado, xa que os proxectís empregados non deixan ningún tipo de marca. Polo normal, as reglas establecidas nunha partida indican que, en caso de impacto dun proxectil en calquera parte do corpo, o xogador deberá levantar a man e gritar eliminado, sacar un trapo roxo ou unha luz roxa.
Esto convírteo nun xogo de honor e de compañeirismo onde a honradez é o maior compromiso dos participantes.